Sin categoría

Conferencia sobre a cría de aves no Centro Cultural de Borreiros

O Centro Cultural de Borreiros acolle este venres 21 de xuño ás 20:30 horas a conferencia “Criar é conservar. Educando para o futuro”, impartida por Francisco Javier Rodríguez Penedo. A entrada é gratuíta. Desde ACAE-GALICIA (Asociación de Criadores de Aves Exóticas de Galicia), en colaboración coa FORG (Federación Ornitolóxica Rexional Galega) e Aviornis Ibérica xunto ao Concello de Gondomar, continúa co seu afán de dar a coñecer a súa afección e a súa crenza de que “a cría en catividade é o futuro de moitas especies”. Nesta ocasión a charla está organizada pola Asociación de Veciños San Martiño de Borreiros.