Cambios no itinerario do autobús en Panxón polas festas de San Xoán

O Concello de Nigrán informa que durante as festas de Panxón, do 22 ao 25 de xuño, a parada do autobús ATSA do Pavillón Municipal quedará anulada dende as 16:00 horas en diante. O percorrido desde esa hora en sentido Baiona será por rúa Mariñeiro cara a Estrada pola Vía e Avda. Castelao; e en sentido Vigo, dará volta en Castelao, regresará por Estrada pola Vía e baixará por Mariñeiro.