A libraría Libraida de Gondomar acolle este venres 21 de xuño ás 20:00 horas a presentación de “Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930” (Editorial Galaxia) de Miguel Anxo Seixas Seoane. No acto, presentado por Carlos Méixome, contarán coa presenza do autor.
Primeiro volume dunha biografía monumental, concibida por Miguel Anxo Seixas case coma un diario da vida cotiá de Castelao cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública xunto a actualidade da época. Labor de toda unha vida dedicada á investigación, á recollida de datos e documentación.
Miguel Anxo Seixas Seoane. Licenciado en Historia da Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre as súa obras podemos destacar “O Camiño de Santiago”, “Ánxel Casal”, “Castelao pintor” e “Quen fora pedra”. Participou en numerosas obras colectivas como “Celso Emilio Ferreiro”, “Para ler a Castelao” I e II e “Camilo Díaz Baliño, o deseñador da nación”.

