Os pequenos de Sabarís aprenden a salvar vidas

Os nenos e nenas da Escola de Educación Infantil O Areal de Sabarís participaron nun Obradoiro de RCP (Reanimación Cardio Pulmonar), no marco do proxecto “Coas túas mans podes salvar vidas” e en colaboración coa Garda Civil de Baiona, o GES do Val Miñor e o 061. A finalidade do obradoiro é que os pequenos recoñezan o número de emerxencias sanitarias 112 e cando deben utilizalo; que pasa cando chaman; ensinóuselles como actuar ante dous tipos de emerxencia sanitaria: atragantamento e diferenza entre durmido e inconsciencia. Con esta actividade, a Comandancia da Garda Civil de Pontevedra puxo o broche final ao “Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas” do curso 2018/2019.

Anuncios