Os xuvenís do Gondomar FB logran o ascenso a Liga Galega

O Xuvenil A do Gondomar FB logrou o pasado sábado o ascenso de Primeira División a Liga Galega, tras derrotar no campo de fútbol municipal de As Cercas ao Antela FC por un contundente 5-0. O equipo gondomareño finalizou a tempada como subcampión de liga con 63 puntos. Dos 30 partidos disputados gañaron un total de 18, empataron 9 e perderon 3, ningún en casa, con 74 goles a favor e 33 en contra. O alcalde, Paco Ferreira, quixo felicitar ao club polo “merecidísimo ascenso”, destacando que “os xuvenís do Gondomar FB xa están na elite do fútbol galego”.