Falece unha menor rescatada da auga nunha piscina en Nigrán

A Axencia Galega de Emerxencias vén de informar do falecemento dunha menor rescatada da auga nunha piscina en Nigrán. O suceso produciuse ao redor das 20:00 horas deste luns nunha vivenda da parroquia de Camos. Ao parecer, a nena, de 3 anos de idade, entrou na propiedade duns veciños que nese momento non se atopaban na casa e cando subía polas escaleiras caeu á piscina, unha portátil de grandes dimensións. Cando a súa familia decatouse do ocorrido, atopárona no seu interior, e un deles sacouna de auga. A pesar dos esforzos por reanimala durante unha hora, nada se puido facer por salvarlle a vida. Tras a chamada ao 112 Galicia activouse un operativo formado polos servizos sanitarios de urxencia, axentes da Garda Civil e Policía Local de Nigrán e un helicóptero. Tamén se desprazou ata o lugar a Policía Xudicial para o levantamento do cadáver. Tanto a parroquia como a comunidade educativa do CEP Da Cruz de Camos, onde estudaba a pequena, están conmocionados polo ocorrido.

Anuncios