A Camoesa organiza o Festival Bailacamos 2019

LDanzia.

A Asociación “A Camoesa” organiza este sábado 15 de xuño coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra o Festival Bailacamos 2019. Será ás 20:00 horas no Centro Cultural de Camos coa participación das escolas Rainbow Dance Academy, As Sereas, Giro’s Baíña, Paradela, Aerobic de San Miguel de Oya e a Asociación de Danza de Gondomar.