
O Moto Club A Cento Cien e o Concello de Gondomar, a través da Concellería de Deportes, organizan esta fin de semana a VIII Concentración Moto Club A Cento Cien. O evento foi presentado este martes nun acto que contou coa presenza de, entre outros, o alcalde, Paco Ferreira, a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, o presidente do Moto Club, Carlos Figueroa, o Sarxento da Agrupación de Tráfico da Garda Civil do Porriño, Daniel Castelo, e Roberto Rodríguez, Strong-Man.
Serán tres días cheos de actividades, entre as que destacan a exhibición de Roberto Rodríguez, o home máis forte de España, que realizará o record mundial aguantando a forza de 4 quads tirando del, unha exhibición de Dani Pérez, unha charla sobre seguridade viaria impartida pola Garda Civil de Tráfico do Porriño, xogos moteiros coas animadoras Voltereta e Volvoreta, concertos, festas con DJ, sorteos e rutas moteiras, unha delas nocturna e con fachos en memoria dos moteiros caídos.
Como é habitual, o evento desenvolverase nunha carpa instalada xunto o campo de fútbol de As Cercas, con zona de acampada cuberta e posibilidade de aloxamento en establecementos próximos ao centro urbano para participantes e visitantes. O prezo da inscrición en despacho de billetes será de 35 euros.
VENRES 14
19:00 APERTURA INSCRICIÓNS, CAMISETA, PIN, BEBIDA
22:30 PICADA BENVIDA INSCRITOS
23:00 CONCERTO GRUPO GOONES
01:00 FESTA NA CARPA CON DJ FREDY
SÁBADO 15
9:30 A 10:30 ALMORZO INSCRITOS EN CARPA
10:30 VISITA Ao MERCADO DE GONDOMAR
11:00 APERTURA INSCRICIÓNS, CAMISETA, PIN, BEBIDA
13:00 SESIÓN VERMUT
14:30 COMIDA NA CARPA SERVIDA POR CÁTERING
17:30 XOGOS MOTEIROS, ANIMADOS POR PINCHACARNEIRO E VOLVORETA
18:30 CHARLA SEGURIDADE VIARIA POLA GARDA CIVIL DE TRÁFICO DO PORRIÑO
20:00 EXHIBICIÓN DE ROBERTO RODRÍGUEZ, O HOME MÁIS FORTE DE ESPAÑA, QUE REALIZARÁ O RECORD MUNDIAL AGUANTANDO A FORZA DE 4 QUADS TIRANDO DEL E MÁIS SORPRESAS
20:30 EXHIBICIÓN DE DANI PÉREZ
22:30 CEA INSCRITOS NA CARPA SERVIDA POR CÁTERING
00:00 ROTEIRO FACHOS POLOS MOTEIROS CAÍDOS
00:15 CONCERTO GRUPO A PATRULLA
01:30 SORTEO DE AGASALLOS
02:00 FESTA A CARGO DE DJ FREDY
03:00 SORTEO DE AGASALLOS
DOMINGO 16
9:30 A 10:30 ALMORZO INSCRITOS EN CARPA
11:30 ROTEIRO CON PICADA
14:00 ENTREGA TROFEOS
14:30 COMIDA INSCRITOS EN CARPA SERVIDA POR CÁTERING
16:00 FIN DA CONCENTRACIÓN 2019