
O barrio de Vilariño, na parroquia nigranesa de San Pedro da Ramallosa, celebra esta fin de semana as festas na honra de San Antonio. O venres 14 ás 21:00 horas unha gran tirada de lumes marcarán o inicio dos festexos, e ás 23:00 horas comezará a verbena, amenizada polas orquestras Capitol e Claxxon.
O sábado 15 ás 18:00 horas terán lugar as grandes “poxas”, a cargo de Carlos Riveiro, e pola noite, ás 23:00 horas, a verbena correrá a cargo das orquestras Nazaret e Ocaband.
O domingo 16 a programación comezará ás 10:00 da mañá cun pasarrúas a cargo da Banda de Música Agrupación Musical de Vincios, que ás 11:00 ofrecerá outro pasarrúas na Carrasca. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne con posterior procesión na honra de San Antonio acompañada pola mesma Banda de Música. Ás 17:00 horas terán lugar as cucañas e ás 19:00 horas haberá un espectáculo infantil e a continuación a actuación do dúo Pros&Ma.