O nigranés Alejandro Nande, campión de España de Doma Clásica Adaptada

Onte finalizou no Centro Ecuestre de Castela e León o X Campionato de España de Doma Clásica Adaptada. O nigranés Alejandro Nande proclamouse campión de España con POCA PENA no grao V. Este foi un Campionato rifado en moitos dos graos que propiciou máis a expectación. Facendo un balance destes dez anos, podemos dicir que a Doma Clásica Adaptada atópase moito máis asentada no noso país, que os nosos xinetes e amazonas comezan a mostrarse como deportistas e que os Comités Organizadores, Oficiais, afeccionados e deportistas doutras disciplinas, así o recoñecen.

Anuncios