Detida unha veciña de Baiona por agredir a un axente da Policía Local de Vigo

Non é unha cuestión excepcional, de feito case a diario tense constancia ou se dan avisos sobre altercados na vía pública, aínda que é ben certo que na práctica totalidade dos casos trátase de malentendidos ou discrepancias en ton lixeiramente elevado.

Non foi así o episodio rexistrado o pasado día 8 de xuño cando ás 11:46 horas mediante chamada á Sala de Comunicacións do 092 tívose constancia dunha pelexa entre polo menos 10 persoas.

O altercado foi situado na zona de Canceleiro, punto ao que se desprazaron varias Unidades da Policía Local de Vigo.

Chegando ao lugar, os axentes observaron que efectivamente se estaba producindo unha liorta entre varias persoas. Parece ser que a pelexa se iniciou nun local da Rúa Areal e foise desprazando cara ao punto onde as Unidades Policiais interceptaron aos participantes na mesma.

Dous dos homes implicados, ao decatarse da presenza policial, abandonaron o lugar camiñando de maneira distraída sendo interceptados por unha das Dotacións Policiais.

Cando procedían á identificación de ambos, sen mediar palabra unha das mozas tamén implicadas na pelexa abalanzouse sobre un deles asiéndolo pola cazadora e tirando del á vez que lanzaba unha patada a un dos Axentes, que conseguiu esquivala.

Tratando de acougala terminou abalanzándose esta vez sobre un dos Axentes tirándoo ao chan e golpeándoo de forma violenta mentres ambos rodaban polo chan, finalmente conseguiron reducila e procederon á súa detención por atentado, resultando ser A. Á.P, nacida en Barakaldo (Bizkaia) domiciliada en Baiona (Pontevedra) de 22 anos de idade.

Pola súa banda ao resto de participantes na liorta cursáronselles as correspondentes actas de denuncia administrativa en virtude á L. O. 4/2015 do 30 de marzo por causar desordes na vía pública.

Anuncios