A Asociación Vencellos de Vilariño recupera a tradición das alfombras florais

A Asociación Cultural Vencellos de Vilariño bota a andar e para empezar celebrárono elaborando unha composición con elementos naturais, recuperando a tradición das alfombras florais. Os preparativos comezaron o pasado 1 de xuño coa recollida de elementos naturais, para o mércores 5 traballar na elaboración da composición. Finalmente, durante a noite deste sábado, día 8, tivo lugar a elaboración da alfombra fronte ao Convento dos Pais Franciscanos. Ao finalizar os veciños e veciñas participantes gozaron dunha gran chocolatada.

Anuncios