Festas na honra do Santísimo Cristo da Vitoria en Chandebrito

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión do Santísimo Cristo da Vitoria en Chandebrito.

A parroquia nigranesa de Chandebrito celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra do Santísimo Cristo da Vitoria. O sábado 8 de xuño ás 10:30 da mañá fará entrada no Torreiro Vello de Festas a charanga Va K Pinta. Ás 11:00 celebrarase a Misa Solemne na honra de San Antonio seguida de procesión. Ao finalizar darán comezo as tradicionais “poxas”, e despois actuará la charanga Va K Pinta. Ás 22:30 horas a verbena estará amenizada polo Grupo Limón, con inchable e touro mecánico. O domingo 9 ás 11:00 da mañá a Banda Instrumental Unión Musical de Coruxo ofrecerá un pasarrúas, para facer entrada no Torreiro Vello ás 11:30. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Maior na honra do Santísimo Cristo da Vitoria, cantada pola Coral da Parroquia “Os Vagalumes”, seguida de procesión. Finalizados os actos relixiosos, haberá un concerto da Banda de Música.

Anuncios