O pasado sábado tivo lugar o XI Torneo Escolar Benéfico de Tenis, organizado polo Club de Tenis Gondomar e o Concello de Gondomar, a través da Concellería de Deportes, e que se desenvolveu no Pavillón de Deportes Municipal, no IES Auga da Laxe e nas pistas de As Cercas desde as 9:30 ata as 14:00 horas.
A competición, na que participaron 70 nenos e nenas, abarcou as categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Peques. A media mañá todos gozaron dunha merenda, e ao final da xornada, o alcalde, Paco Ferreira, xunto coa concelleira Iria Lamas, fixo entrega dos trofeos e medallas aos finalistas. Tamén se obsequiou aos participantes con agasallos e un sorteo.
O único requisito para participar neste torneo foi o de contribuír cunha achega de alimentos non perecedoiros que se repartirán entre as familias máis necesitadas do municipio desde a Concellería de Servizos Sociais. Recadáronse ao redor de 150 quilos de comida.
Peques
Campión: Diego Fernández
Subcampión: Xosé Mo
Consolación
Campión: Mateo González
Subcampión: Sergio Caride
Prebenxamín
Campión: Gael Acevedo
Subcampión: Enzo Vila
Consolación
Campión: André Pérez
Subcampión: Jorge Monroy
Benxamín
Campión: Daniel Bas
Subcampión: Lois Atanes
Consolación
Campión: Mario Seijo
Subcampión: Brais Páramos
Alevín
Campión: Lucas Botana
Subcampión: Anxo Lorenzo
Consolación
Campión: Izan Martínez
Subcampión: Mauro Pérez
Infantil
Campión: Pedro Muñoz
Subcampioa: Uxía Senra
Consolación
Campión: Igor Álvarez
Subcampión: Alejandro Villar
Cadete
Campión: Manuel Brea
Subcampión: Íker Álvarez









