Este venres 7 de xuño ás 20:30 horas na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns. O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso, que farán unha breve presentación das súas colaboracións. Conducirá o acto María Lemos Cerqueira.
O IEM presenta en Baiona un novo número da súa revista

