Concerto de Corvax no IES Auga da Laxe

Este venres 7 de xuño continúa o III Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe, en Gondomar, organizado polo Departamento de Música do centro, dirixido por Sergio Álvarez, que se celebra o primeiro venres de cada mes, de febreiro a xuño.

Nesta ocasión será un concerto de Corvax, formado por Xavi Nuñez, electrónica, e Laura Iturralde, visuais, cun repertorio de música electrónica a partir das 20:30 horas no Salón de Actos do Instituto.

Donativo 5 euros. Apertura de portas ás 20:00 horas. Ademais, haberá merchandising.

Anuncios