A parroquia gondomareña de Couso celebra esta fin de semana as grandes festas na honra da Virxe dos Remedios. O sábado 1 de xuño ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne seguida de procesión acompañada polo Grupo de Gaitas Novos Aires de Couso, e pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Almirantes e o grupo Fama. O domingo comezará cun pasarrúas por Gondomar ás 10:30 da mañá a cargo da Banda de Música Municipal de Redondela. Ás 12:30 celebrarase unha nova Misa Solemne seguida de procesión na honra da Virxe dos Remedios acompañada pola mesma banda de música, que ofrecerá un concerto ao finalizar e pola noite amenizará a verbena xunto co Trío Azar.
Couso celebra as festas da Virxe dos Remedios

