Maio é o mes musical no CEIP Plurilingüe de Belesar, e para pechalo este venres día 31 o alumnado de 5º e 6º estreará no Auditorio V Centenario de Baiona os musicais “Bai de Grease” e “O libro da selva”. En horario de mañá a sesión será para escolares, coa asistencia dos alumnos de 6º de Primaria do CPI Cova Terreña e todo os alumnos do CEIP Mestre Manuel García de Oia. En horario de tarde, ás 18:00 horas, para todo o que queira achegarse a desfrutar dos musicais. Como o pasado curso a entrada será unha doazón voluntaria para a asociación Protectora de Animais Bai.Senpulgas.
O CEIP Belesar estrea en Baiona os seus musicais “Bai de Grease” e “O libro da selva”

