O Baíña Fútbol Sala realizará durante as próximas semanas probas de captación a todos os xogadores interesados en formar parte dos seus equipos sénior. O ambicioso reto de xogar en terceira ou na provincial co equipo sub-23 para iso preténdese facer un gran equipo con algunha incorporación que axude a conseguilo. O club, ademais, fará todo o esforzo posible para que os xogadores teñan a motivación de defender o escudo do equipo. Para iso, están a acordarse axudas con diferentes empresas e institucións coas que manter a categoría.
Desde o club aseguran que seguirán coa base da tempada anterior apostando de novo por xogadores de Baiona e especialmente formados no propio club. As probas realizaranse os próximos luns de 21:00 a 22:30 horas e xoves de 21:00 a 22:30 horas. Os interesados poden chamar ou escribir ao teléfono do coordinador deportivo, Daniel, 617 902 730.

