Máis de 120 xogadores disputaron en Camos os Campionatos Galegos de bolos celta

Este pasado fin de semana celebráronse nos campos de bolos da Casa de Cultura de Camos e campos de bolos de San Roque de Camos (Nigrán) os Campionatos Galegos de bolos celta de primeira e segunda categoría nas modalidades por parellas e individuais, que serán clasificatorios para os Campionatos de España das diferentes especialidades. Participaron un total de 128 xogadores da comunidade galega. Tras dúas xornadas intensas de bolos os resultados finais foron os seguintes:

Campionato Galego Individual Sénior de 1ª categoría:
Campión: Inocencio Valverde González, club de bolos Xunqueira de Gondomar.
Subcampión: Adrián Rodríguez Barreiro, club de bolos Belesar Urgal de Baiona.
3º clasificado: Diego Pérez Diego, club de bolos O Sobreiro de Gondomar.
4º clasificado: José Rodríguez Domínguez, club de bolos Mañufe de Gondomar.

Campionato Galego de Parellas Sénior de 1ª categoría:
Campión: Sergio Silva-Alberto Martínez, club de bolos Belesar Urgal de Baiona.
Subcampión: Luis Rancaño-Javier Rodríguez, club de bolos Xove (Lugo).
3º clasificados: Isidro Costas-Sergio Fernández, club de bolos Camos de Nigrán.
4º clasificados: Abel Fernández-Fernando González, club de bolos Ceán de Nigrán.

Campionato Galego Individual Sénior de 2ª categoría:
Campión: Marcelino Rodríguez (Chucas), club de bolos Xove de Lugo.
Subcampión: Sócrates Campo, club de bolos Xove de Lugo.
3º clasificado: Cristian Prieto, club de bolos Froxais de Viana do Bolo (Ourense).
4º clasificado: Guillermo Rouco, club Santiago de Parada de Nigrán.

Campionato Galego de Parellas Sénior de 2ª categoría:
Campión: Iván Rouco-Guillermo Rouco, club de bolos Santiago de Parada (Nigrán).
Subcampión: Enrique Rouco-Jairo Martínez, club de bolos Santiago de Parada (Nigrán).
3º clasificado: Laureano Miniño-Xosé Sequeiros, club de bolos Baredo de Baiona.
4º clasificado: Manuel González-Jose Cameselle, club de bolos Belesar Urgal.