Sin categoría

Charla sobre a saúde oral na vida da muller en Gondomar

O Centro Neural de Gondomar acollerá este venres día 31 de maio unha charla sobre a saúde oral na vida da muller, impartida por Mely Touza Núñez, Hixienista Dental. A charla, que comezará ás 19:00 horas, está enmarcada dentro do ciclo organizado pola Concellería de Igualdade a través do Centro de Información á Muller.