Rodal aínda ten a posibilidade de repetir cun tripartito

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Ángel Rodal.

O líder do PP baionés e actual alcalde en funcións, Ángel Rodal, afirmou este luns que esperaba un resultado máis alto e agora quédalles por diante un período marcado polas negociacións que se materializarán coa investidura do 15 de xuño. Ante eles só queda unha opción viable e factible, a do pacto PP, Cs e NÓS, co que terán “que falar con todas as partes” para tratar de chegar a bo porto. A pesar de que aínda non está todo perdido en termos porcentuais, poderíase dicir que os populares teñen un 33% de posibilidades de continuar e Rodal confía en facelo. “Estou moi satisfeito co equipo que levo comigo”, engadiu, aínda que tamén afirmou que “pase o que pase desexo o mellor para Baiona”.

Anuncios