“Non imos dar carta branca con tal de gobernar”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Carlos Gómez.

O cabeza de lista do PSOE en Baiona, Carlos Gómez, afirmou este luns que os resultados obtidos na vila mariñeira “deixan claro un cambio na tendencia de voto” e aínda que é consciente que foron a forza máis votada, superando ao PP en máis de 200 votos, “debemos de abrir a vía do diálogo para garantir un goberno estable”. Aínda que tras as súas afirmacións Gómez aclarou que non vai permitir “carta branca” cos acordos de goberno.

Así pois, o cabeza visible dos socialistas engadiu que a súa folla de ruta era “a de saír a gañar e así foi”. “Agora queda por diante o período de negociacións, é máis, quedamos a tan só dezaseis votos de lograr un sétimo concelleiro”, engadiu Gómez que ten abertas varias frontes que lle permitirían gobernar, aínda que tamén quedaría a opción da lista máis votada. “Está claro que de entrada nós sós non podemos, pero tampouco sería intelixente pecharnos á vía dos oito concelleiros, a condición de que o contexto permita levar a cabo un mandato o suficientemente estable”.

Anuncios