
Este venres celebrouse no CPI de Cova Terreña, a III Xornada Poética «Os días verso», organizada polos 36 nenos e nenas de 5° de Primaria e os seus titores Mercedes Coto e Carlos Freire. A xornada foi dedicada á poetisa Clara López Torres, autora do poemario «Os días lebre», contando tamén coa participación de Marcos Viso, ilustrador da obra.
Os nenos e as nenas presentaron a Xornada amosando un gran coñecemento sobre a autora e a súa obra creando un ambiente de emoción e complicidade. Recitaron poemas do libro de Clara López, de García Teijeiro, de Caino Vasconcellos e, como non, moitos de creación propia compostos, entre todos, na aula. Atrevéronse incluso a acompañalos con acordes musicais.