Unha empresa de Porto do Molle convoca un concurso solidario de marketing online

A empresa Clickage, fundada en 2016, atópase situada no Centro de Negocios de Porto do Molle.

Nace en Nigrán o primeiro concurso solidario de márketing online orientado a ONG. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo a promoción a través de internet de entidades sen ánimo de lucro para lograr un maior número de voluntarios que incidan directamente na cantidade de doazóns obtidas. Para iso utilizarán o que se coñece como “landing page” ou páxina de destino situada dentro da propia web da ONG deseñada especialmente para a captación de socios e ingresos para destinalos a obras humanitarias.

O director da empresa de márketing dixital Clickage, promotora do certame e instalada no Centro de Negocios de Porto do Molle, Emanuelle Ricciotti, explicou que o proceso de selección levarase a cabo ata o 30 de xuño e designarán a un total de tres organizacións enmarcadas nos ámbitos de caridade, defensa e servizos cuxa campaña a través da rede correrá integramente pola empresa de recente creación. Así mesmo e grazas a un acordo con Google, os gañadores dispoñerán dun total de 10.000 dólares mensuais para investilos nos produtos publicitarios proporcionados polo xigante tecnolóxico, a través da súa plataforma “Ads” de maneira que poidan promocionarse a través do maior motor de procura do globo enmarcados no programa “Google For NonProfits”. Unha vez dentro, os expertos en márketing da empresa promotora comezarán a crear diversas campañas publicitarias en favor das Organizacións Non Gobernamentais para que logren un impulso na súa causa. “Queremos achegar a nosa experiencia no terreo do márketing para contribuír a crear unha sociedade mellor na que todos teñamos dereito a unha vida digna, lonxe dos malos tratos ou a pobreza e cremos que a mellor maneira de facelo é apoiando e colaborando coas ONG”, explicou Ricciotti.

Así pois desde a empresa Clickage fan un chamamento ás entidades interesadas en participar para que formalicen as súas solicitudes de maneira que poidan optar a formar parte do concurso, cuxas bases íntegras atópanse na web da empresa.

Anuncios