Gondomar súmase á campaña “Quere o teu mercado”

A Praza de Abastos de Gondomar súmase á campaña “Quere o teu mercado”. Este sábado de 10:30 a 14:00 horas haberá no Mercado zancudos, música, globoflexia, xente caracterizada de peixeira e reparto de bolsas e mandís. “Temos que fomentar a compra no mercado local e dar a coñecer a nosa Praza de Abastos, que proximamente será totalmente reformada”, sinalan desde do Concello de Gondomar.