Festa de Fin de Campaña de Manifesto Miñor no Parque das Ánimas

Este venres, 24 de maio, ás 22:00 horas, Manifesto Miñor organiza unha festa fin de campaña no Parque das Ánimas na que participarán os candidatos e as candidatas ao Concello de Gondomar. Haberá música e petiscos gratis no Bar Ánimas, co que acordaron un prezo para as consumicións de bebida. “Dende Manifesto Miñor queremos convidar a toda a veciñanza a participar no noso peche de campaña e a compartir con nós a ilusión que temos de cara ao vindeiro 26 de maio”.

Anuncios