O PP de Nigrán despedirá a campaña electoral cunha caravana para percorrer o municipio

Os Populares de Nigrán despedirán mañá a campaña electoral cunha caravana de vehículos que percorrerá as sete parroquias do municipio, entre as 16:00 e as 20:00 horas. O punto de partida será a sede do partido, na Rúa Telleira, e desde aí desprazaranse por diferentes puntos do municipio para finalizar ao redor das 20:00 horas en Praia América, fronte ao restaurante Area Loura, onde habitualmente ondeaba a bandeira azul, en sinal de protesta pola perda destes distintivos en tres praias do municipio.

Os populares convidan a todos os veciños e persoas interesadas a sumarse a esta convocatoria, pero piden responsabilidade e respecto ás normas de circulación en todo momento, para non xerar problemas ao tráfico rodado e peonil en ningún punto de percorrido. Ao finalizar a caravana, os populares dirán adeus á campaña electoral no Cámping de Praia América, cuns petiscos a partir das 21:00 horas, unha convocatoria aberta a todas aquelas persoas que queiran acompañarlles.

Anuncios