O Cereixa é recibido na Xunta tras conseguir o título de liga

Parte da delegación do Vincios Cereixa Gondomar FS visitou este mércores as dependencias da Xunta de Galicia en Vigo, onde o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o xefe de servizo provincial de deportes, Daniel Benavides, déronlles unha calorosa benvida á vez que compartían os detalles do éxito que supuxo a consecución do título ligueiro do preferente sur.

“Recoñecemento ao esforzo continuado dun grupo de persoas que puxeron no alto de Galicia Sur a un equipo con algo máis de 25 anos de historia. Bonito xesto e o emprazamento para volver vernos nun futuro próximo se os logros deportivos seguen chegando. Grazas porque para nós é un orgullo que Vincios, Gondomar, sexa referente a nivel autonómico”, sinalan desde o club.

Anuncios