
Erguer (Estudantes da Galiza) e a ANPA do IES Auga da Laxe de Gondomar organizan este mércores 22 de maio un debate electoral no Salón de Actos do Instituto, de 18:00 a 20:00 horas, moderado por Elena Durán, alumna do centro, e no que participarán o BNG, Cidadáns, CABE, Manifesto Miñor, PP e PSOE, focalizando o seu debate en temáticas relacionadas coa xuventude.
Temas e tempos:
- Importancia de investimento municipal no ensino. Opinións sobre a calidade dos espazos de estudo na vila e necesidades actuais. (1’30’’ por representante).
- Emprego para a xuventude: políticas para a mocidade. (1’30’’ por representante).
- Transporte público: funcionalidade e custos para a xuventude. Propostas e medidas. (1’30’’ por representante).
- Lingua, cultura e ocio: posta en valor do galego desde as institucións. Propostas e medidas. (1’30’’ por representante).
- Exposición breve do programa electoral e medidas concretas para a xuventude. (2’ por representante).