Eixotolo organiza unha excursión á fervenza da Toxa e á romaría de Santa Ferreña

A Asociación Deportiva, Cultural e Benéfica Eixotolo de Camos organiza o próximo 1 de xuño unha excursión á fervenza da Toxa, con saída ás 8:30 da mañá desde Porto do Molle. A xornada incluirá unha andaina de 8 quilómetros opcional polo río ata a fervenza, e recollida do autobús ata Carboeiro, onde pasar o resto do día na romaría de Santa Ferreña. O prezo é de 15 euros sen bocadillo e de 17 euros cun bocadillo, unha auga, unha froita e unha madalena. Máis información e inscricións no teléfono 648 023 014.