O vindeiro sábado día 29 de xuño, para complementar o peche do curso escolar deportivo 2018-2019 das Escolas Deportivas Municipais, a Concellería de Deportes do Concello de Baiona programa unha viaxe a Cangas en barco. As inscricións abriranse a partir do día 1 de xuño para todos os socios das Escolas Deportivas Municipais, que terán opción de sacar 5 billetes cada un. Para aqueles non socios que queiran participar deberán esperar ao día 12 de xuño para a súa compra.
O número de prazas é limitado e as inscricións deben tramitarse nas Oficinas do Pavillón Municipal de Baiona. O horario de atención ao público será de 10:00 a 14:00 horas de mañá e de 18:00 a 20:00 horas de tarde.
As saídas desde o porto pesqueiro de Baiona están previstas para as 9:15 e 9:30, mentres que os regresos desde o peirao de Cangas ás 19:15 e 19:30 horas.
O prezo está subvencionado pola Concellería de Deportes sendo o mesmo fixado en 7 euros e establecendo a viaxe gratuíta para os menores de 3 anos (nados anos 2016-2017-2018-2019) con xustificante do mesmo.
Para maior información dirixirse ao Pavillón de Deportes de Baiona ou chamar á o teléfono 986 356 558. Tamén está dispoñible o correo electrónico deportes@baiona.org.

