Obradoiro de monedeiro en coiro no Centro Sociocomunitario de Baiona

O Centro Sociocomunitario de Baiona acolle este martes 21 de maio ás 17:30 horas o terceiro obradoiro de traballos en coiro, no que se traballará a aprendizaxe na confección de monedeiros. Farase un monedeiro con coiro que os participantes poderán decorar ao seu gusto con debuxos gravados, tinxido con cores a elixir e costura redonda de coiro. Aprenderán a cortar, gravar e tinxir, o uso do sacabocados, furar e coser, costura de coiro redonda e colocar broches a man. O prezo do obradoiro é de 20 euros con todo o material incluído. Máis información no correo info@coiroenxebre.com ou no teléfono 655 483 761.

Anuncios