O Banco de Alimentos necesita voluntarios para as súas próximas Operacións Quilo

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo necesita voluntarios para as próximas Operacións Quilo que desenvolverá tanto a finais deste mes de maio como en xuño.

Están previstas recollidas de comida no Maio Solidario organizado por Gadis o 24 e 25 de maio, así como no Zampakilos Solidario impulsado por Vegalsa-Eroski, a fin de semana do 14 e 15 de xuño. Estas dúas Operacións Quilo programadas polas propias cadeas de supermercados, requiren a presenza de voluntarios da entidade.

Desde a ONG faise un chamamento de voluntarios para poder desenvolver con éxito ambas as dúas citas solidarias que se levarán a cabo en establecementos de Gadis e Vegalsa-Eroski de toda a provincia.

Porriño (25), Mos (25), Redondela (40), Moaña (30) e Pontevedra (50) son as localidades onde aínda se necesitan voluntarios, en concreto, urxe a colaboración dunhas 170 persoas que queiran regalar catro horas do seu tempo.

Para ser voluntario da Fundación Provincial Banco de Alimentos só hai que darse de alta en https://www.bancoalimentosvigo.org/about-us/solicitud-de-voluntariado/ ou chamar aos teléfonos 986263022 (Vigo)/986865301 (Pontevedra).

Anuncios