Manuel Estévez, do CPA Gondomar, sóbese ao máis alto do podio no Rexional

O Club Deportivo Patinaxe Boiro organizou esta fin de semana a II Fase Rexional na modalidade libre de Patinaxe Artística e as Probas de Acceso a categoría Nacional para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Absoluta. A competición desenvolveuse tanto o sábado 18 como o domingo 19 de maio, en ambos os dous casos con xornadas de mañá e tarde, no pavillón polideportivo A Cachada de Boiro (A Coruña). O Club de Patinaxe Artística Gondomar tivo a súa representación, logrando subir ao alto do podio na categoría cadete masculino a Manuel Estévez.

Anuncios