Sin categoría

CABE aposta por priorizar os servizos básicos, a participación e a transparencia

O pasado sábado CABE (Gondomar Concello Aberto) realizou un acto no Centro Neural de Gondomar no que interviñeron as deputadas no Parlamento Galego Julia Torregrosa, Antón Sánchez e Eva Solla, que tamén é vicepresidenta do Parlamento. Tamén interviñeron as candidatas de CABE nas municipais Jesús Araújo (nº 2) e Eli Suárez (nº 1).

Falouse da necesidade de candidaturas que aglutinen a persoas con diferentes sensibilidades na procura de conseguir un concello que priorice uns servizos básicos de calidade, unha participación real da veciñanza e a transparencia como eixo transversal do traballo diario.

5