Unidas Podemos esixe solucións aos problemas de contaminación na Foz do Miñor

A candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, Vanessa Angustia, falou este domingo no Val Miñor sobre a situación de contaminación da Foz do Miñor e sobre a necesidade de tratamento diferenciado da xestión da pesca da flota artesanal con respecto ás flotas industriais. Na súa visita ao porto de Baiona e á Foz do Miñor estivo acompañada por José Ramón Estévez, candidato á alcaldía de Unidas Podemos Son En Común Baiona, Eli Suárez, candidata á alcaldía de Gondomar Concello Aberto (CABE), e José Cuevas, candidato á alcaldía de Nigrán de Nigrán Decide.

A candidata ao Parlamento Europeo de Unidas Podemos falou da defensa “dun sector propio de Galicia, da nosa flota de pesca artesanal”. Ao seu xuízo, este sector “non é escoitado en Bruxelas, polo que non decide o seu futuro sobre dúas cuestións esenciais, por una parte a reformulación da captura accidental para mudala en ‘pesca dirixida’ e, por outra parte, respecto á necesidade de diferenciar as cotas de pesca artesanal e pesca industrial”.

Anuncios