O Baíña ascende a Terceira Nacional

O Primeiro equipo do Baíña Fútbol sala gaña nas Neves e ascende a Terceira división nun fito histórico para o fútbol sala baionés, xa que por primeira vez un equipo de Baiona xogará en terceira. Enorme traballo dun grupo repleto de canteiráns que realizou unha tempada magnífica. O vindeiro domingo no Pavillón Municipal de Baiona o equipo pechará ante o Celado/Mos unha gran tempada, unha cita que será imprescindible para todos os baiñistas.

O club tamén quere informar de que o sábado se disputa o derbi galego da primeira división nacional feminina entre o Poio Pescamar e o Ourense Envialia. Todos os socios ou xogadores do Baíña terán entrada gratuíta grazas á invitación do club pontevedrés Poio Pescamar. Esta actividade encádrase no intento do club baionés de promover o futsal feminino.

Anuncios