Récord de participación nas VI Xornadas de Porteiros do Baíña FS

O Baíña Fútbol Sala celebrou onte a sexta edición das xornadas de porteiros. Os participantes puideron adestrar con diversos técnicos que realizaron tarefas diversas para traballar as distintas accións máis propias dese posto tan especial que é o de porteiro. Ao finalizar as tarefas se realizou un desafío de porteiros entre todos os participantes.

Este ano houbo récord de participación con máis de 32 asistentes, de diversos clubs de Baiona e arredores. A xornada estivo dirixida por Santi Domínguez, Técnico Nacional, e os invitados foron Sara Almeida de Portugal, Mikel Destro do Leis Pontevedra, Álex Collazo, porteiro de 2ªB de Pontevedra, e Agustín Chacra, porteiro de Arxentina.

Anuncios