Poesía e música para celebrar as Letras Galegas en Panxón

A Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Monteferro de Panxón celebra este domingo 19 de maio ás 19:00 horas o Día das Letras Galegas, dedicado ao escritor Antón Fraguas, no seu local da rúa Porqueira. Haberá unha presentación de poemas de Vicky Riveiro e actuarán o Coro Ecos do Castelo de Parada e o Grupo de Pandereteiras da Asociación.