O PSOE de Gondomar organiza encontros coa veciñanza de Mañufe e Vincios

O PSdeG-PSOE de Gondomar celebra este domingo día 19 de maio dous novos encontros coa veciñanza. O primeiro será no Centro Cultural de Mañufe ás 12:00 do mediodía, no que intervirá Paco Ferreira, alcalde e candidato á alcaldía, Juan Rodríguez Bas, Paulino Rodríguez e Mª de los Ángeles González Vázquez. O segundo será no Centro Cultural de Vincios ás 21:00 horas, coa intervención de Paco Ferreira, alcalde e candidato á alcaldía, Nuria Lameiro e José Manuel Chamorro.

Anuncios