O Mellor Barista de España é de Nigrán

O nigranés Luis Blanco é quen mellor prepara o café en España e así o demostrou na Gran Final do XIII Campionato Nacional de Barista Fórum Café celebrado Vigo. Blanco, natural de Vilariño, que foi Mellor Barista do país, concorría ao certame como Subcampión Barista da Comunidade de Galicia e tivo que demostrar as súas habilidades fronte a outros 15 baristas.

Estes 16 baristas enfrontáronse nunha semifinal moi rifada, celebrada o xoves e o venres desta semana, tamén en Vigo, na que conseguiron a súa clasificación para a Final Nacional de hoxe, o propio Luis Blanco (Galicia – Grupo Dromedario), Andrea Juan (Valencia – Café Barsel), Andreea Duti (Aragón – Cafés El Tostadero), Jorge Alonso (Asturias – Grupo Dromedario), Giorgio Cornacchia (Canarias – Café Regina) e Manuel Barragán (Valencia – Café Barsel).

Cada participante contou con 16 minutos de tempo para preparar 4 Espressos, 2 Cappuccinos decorados con Latte art e 2 Bebidas de Especialidade, cuxa base e sabor dominante debía ser o café Espresso. Todas estas preparacións, así como a técnica de cada un dos participantes foi valorada por un equipo de xuíces técnicos e sensoriais, supervisados por un xuíz líder e apoiados por varios xuíces de control.

Luis Blanco demostrou unha inmellorable técnica e ofreceu un exercicio impecable, tanto que lle valeu non só para conseguir o título absoluto de Campión Nacional de Baristas Fórum Café, senón tamén para levar o título á Mellor Bebida de Especialidade. Blanco preparou un combinado con café con alcol. Para a preparación, de nome “Unha historia en 5 elementos”, o barista galego utilizou café Orixe Bolivia, Pedro Ximenez, xarope de azucre moscabado e infusión de hibisco. O Barista serviu o combinado nun vaso cóncavo para apreciar mellor os aromas da preparación durante a súa actuación.

O podio deste XIII Campionato Nacional de Baristas Fórum Café completouse co valenciano e campión desta Comunidade, Manuel Barragán, esponsorizado por Café Barsel, que recibiu o título de subcampión nacional e Mellor Espresso; e Andreea Duti, esponsorizada por Cafés El Tostadero, campioa de Aragón, que se clasificou como Terceira Mellor Barista de España.

O premio ao Mellor Latte Art levoullo Giorgio Cornacchia, campión de Canarias, esponsorizado por Café Regina.

O campión Luis Blanco, recibiu como premio, unha máquina de café espresso de Crem International, un muíño profesional Compak, un sistema de filtrado de auga Brita e, por xentileza de Icona Café, unha viaxe a Vietnam, segundo produtor mundial de café. O campión poderá gozar dunha experiencia cafeteira única e vivir o café sobre o terreo en primeira persoa, convivindo con caficultores e os mellores baristas do país.

A competición, organizada por Fórum Cultural do Café, chegou este ano á súa décimo terceira edición, consolidándose como a proba referente en España en canto á profesión Barista refírese.

Durante os meses previos a esta Gran final, preto de 200 profesionais da preparación de café disputáronse a hexemonía barista e o pase á final nas súas respectivas Comunidades Autónomas, onde Fórum Café e a colaboración de tostadores locais, nacionais e internacionais e empresas afíns ao sector.

O obxectivo deste tipo de competicións, de gran tradición nos países nórdicos e América do Norte, é promover a cultura do café e a figura do barista como auténtico experto no coñecemento e preparación da cunca de café e bebidas especiais con este produto.

O valor engadido que supón para os establecementos do sector hostaleiro o poder contar con profesionais da preparación do café tras as súas barras propiciou un verdadeiro movemento barista en España ao estilo do doutros países.

De gran vistosidade e atractivo este tipo de certames levantan gran expectación entre profesionais e amantes desta aromática bebida, que souberon ver nestes espectáculos unha gran fonte de coñecemento e inspiración.

O XIII Campionato de España de Baristas estivo organizado por Fórum Café, e patrocinado por Crem International, Compak Coffee Grinders, Brita, Chocolates Reybar, Calidad Pascual, Comercial Vipasa, Lotus Bakeries, Icona, Azaconsa e Azucres Prieto.

Participaron na organización Cafés El Tostadero, Cafés Templo e Coffee Consulting. Colaboraron, tamén, Bezoya, Delikia, Concello de Vigo e Afundación Obra Social ABANCA.

2019-05-18 - Luis Blanco & Marcos González

Anuncios