
O alcalde socialista de Nigrán e cabeza de lista ás eleccións municipais do 26 de maio, Juan González, presenta este domingo ás 12:30 horas no “Bar de Arriba” de Chandebrito e ás 20:30 no Centro Cultural de Parada, as propostas dos socialistas para senllas parroquias de cara aos vindeiros catro anos. Como nas demais xuntanzas celebradas, o obxectivo non é só presentar o programa do partido socialista, senón tamén escoitar os desexos ou as preguntas dos veciños e veciñas. O seguinte encontro será o xoves 23 en Panxón e o fin de campaña o 24 na Ramallosa.