Acto electoral de CABE no Centro Neural de Gondomar

Este sábado día 18 de maio CABE (Gondomar Concello Aberto) celebrará un acto electoral ás 20:00 horas no Centro Neural. Intervirán os deputados no Parlamento Galego Antón Sánchez, Eva Solla e Julia Torregrosa, ademais de Jesús Araújo e Eli Suárez, número 2 e 1 da candidatura respectivamente. Abordarán as propostas e feitos desta candidatura para dar voz á veciñanza de Gondomar.

Anuncios