Manifesto Miñor apraza o I Evento Solidario polo Benestar Animal

Manifesto Miñor – En Marea informa que o I Evento Solidario polo Benestar Animal previsto para este xoves día 16 de maio ás 18:00 horas na Virxe da Rocha de Baiona queda aprazado. Proximamente comunicarán unha nova data para a celebración do evento, no que realizarase unha recollida de produtos para as protectoras de animais Villa Peixiño e Bai.senpulgas e haberá actuacións musicais a cargo dos grupos Hugo Chamizo e Rosa Jiménez, Awen e La patrulla, mercado solidario, photocall, pintacaras para os máis pequenos e venta de comida e bebida.

Anuncios