Encontro veciñal de Unidas Podemos-Son En Común en Belesar

Este xoves 16 de maio, ás 19:00 horas, a candidatura para as vindeiras eleccións municipais de Unidas Podemos-Son En Común vai celebrar un encontro coa veciñanza na parroquia de Belesar, no campo de bolos de Portameán (Medialdea). O obxectivo é falar cos veciños e achegarlle as súas propostas e intercambiar opinións con eles. Intervirán Jose Ramón Estévez, candidato á alcaldía de Baiona, Rosa Leyenda, Guillermo Penas e Antía Fernández.

Anuncios