A Escola de Danza Vila de Baiona celebra o seu 8º Festival Bai de Muiñeiras

Este venres 17 de maio e con motivo do Día das Letras Galegas, a Escola de Danza Vila de Baiona, coa colaboracion do Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, e a Deputación de Pontevedra, organiza o 8º Festival Bai de Muiñeiras, que comezará ás 18:00 horas no Paseo Ribeira coa actuación dos grupos folclóricos Grupo de Baile e Gaitas “Mar de Arosa” (Vilargarcía de Arousa), Asociación Cultural “Tangaraño” (Mos), Escola de Danza “Vila de Baiona” (Baiona), Pandereteiras “Monteboi” (Baiona) e Asociación Cultural “A Seneira” (Baiona). Previamente, ás 17:30 horas, haberá un pasarrúas e baile conxunto de todos os grupos participantes desde o Porto Pesqueiro. En caso de choiva o evento trasladarase ao Auditorio V Centenario.