Sin categoría

UCN presenta porta a porta as súas propostas económicas

O candidato da formación independente Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández Comesaña, presenta porta a porta as súas propostas en materia económica, nas que propón non só a redución de impostos a empresas, autónomos e familias, senón tamén derrogar a ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana -máis coñecida como Plus-Valía-, por tratarse dun imposto de carácter voluntario e non obrigatorio para os Concellos.

IMPOSTOS E FACENDA MUNICIPAL:

-Levaremos a cabo a supresión do Imposto de PLUS-VALÍAS, por ser inxusto ao gravar incluso as vendas con perdas, así como as herdanzas. Tamén propoñeremos unha redución de impostos municipais a familias e empresas, como motor para reactivar a actividade económica, entre eles:

-Os coeficientes de situación do Imposto sobre actividades económicas (IAE), para fomentar a instalación de empresas especialmente no parque empresarial de Porto do Molle.

-O Imposto de Instalacións, Construcións e Obras (LICENZAS URBANÍSTICAS), despois do brutal incremento realizado no seu día polo PSOE, para impulsar a construción e axudar a crear emprego.

-Modificación da ordenanza fiscal do servizo de abastecemento de auga, cambiando a facturación de mínimos polo consumo real para propiciar un consumo responsable da auga e incentivar o aforro.

-Anularemos a privatización na xestión de multas tráfico para que sexan xestionadas de forma directa pola administración para evitar posibles abusos.

-Inspeccionaremos ás compañías (eléctricas, gas e telecomunicación), para comprobar se están a tributar adecuadamente e que a presión fiscal non recaia sempre sobre os máis débiles.

-Aplicaremos a taxa do 1,5% á concesionaria do servizo de abastecemento de auga e saneamento, polo aproveitamento do dominio público e en función da súa facturación no últimos catro anos, que o PSOE se nega a aplicar a pesar de ser aprobada moción de UCN no pleno fai máis de tres anos.

-Presentaremos as contas municipais en prazo e non como ata agora que o PSOE só presentou presupostos en 2016 e 2018, e a rendición das contas do ano 2017 con case un ano de atraso.

-Levaremos a cabo unha política de adelgazamento da administración municipal, delegando na Deputación Provincial a xestión recadatoria de todas as Taxas e Impostos. A contención do gasto corrente con políticas austeras e eliminando gastos superfluos.

Queremos unha administración transparente e próxima ao cidadán, avanzando no progreso e o benestar dos veciños.