
O Club Baíña Fútbol Sala renova a súa directiva. Ana Iglesias será a nova presidenta do club en substitución de Santiago Rodríguez. Entran a formar parte da directiva Luis López como secretario do club e continúan Javier Domínguez como tesoureiro e Gerardo Santiso como vogal. O club contará ademais cun gran número de persoas para apoiar as actividades que se organizan ao longo do ano. Trátase dunha directiva que seguirá apostando polo traballo de canteira e de formación.
Nos próximos días comezarase a planificar xunto co coordinador deportivo, Daniel Alvárez, o proxecto para a campaña 2019/20. Ademais de dar continuidade aos proxectos xa iniciados, a nova directiva terá a difícil misión de lograr crear equipos femininos de base e comezar a competir en ligas galegas de base. Ademais o club quere dar un impulso ao seu lado máis social e ampliar as súas actividades de colaboración con asociacións e seguir coidando a base social do club, que na actualidade conta con máis de 400 socios.