
O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros conmemora este sábado 11 de maio o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao autor Antón Fraguas. Ás 20:30 horas o Grupo de Teatro “A Moura” do Centro Cultural “A Merced” de Chaín representará “A revirada”. No xulgado vai celebrarse o xuízo contra “A Revirada”, unha muller con moito carácter que atacou ó mozo da súa filla por deixala quedar. As declaracións das testemuñas, denunciante e denunciada, dan conta de como entenden a mesma situación as diferentes personaxes desta historia.